Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: modificado I LMT CT MC Ferradas.
Situación: Catoira.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 64 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 43 da LMTA VAR808B Catoira II 8 e final no CT proxectado MC Ferradas. Centro de transformación de 50 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na zona da avda. Muíños do Vento, Catoira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 20 de agosto de 2013
P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial