Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración dun sistema de espectrometría de masas de alta resolución (expediente 10/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia. Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo 36310.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: 30.9.2013.

d) Número de expediente: 10/13.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistema de espectrometría de masas de alta resolución.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 60 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 38300000-8 y CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Calidade do equipamento ofrecido: 50 puntos.

2) Redución do importe de licitación: 40 puntos.

3) Ampliación da garantía: 10 puntos, de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 585.000 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 585.000 € + 122.850 € de IVE a soportar.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 7.10.2013.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na Sala de Xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.500 euros.

11. Outras informacións: proxecto BIOCAPS. Expediente (referencia): FP7-REGPOT-2012-2013-1. Referencia: 316265. Programa de financiamento: 7º Programa Marco. Subprograma Capacities (Research Potencial). Organismo financiador: Comisión Europea. Finánciase parcialmente nun 90 %.

Vigo, 27 de agosto de 2013

Por delegación (Resolución 30.4.2013; DOG do 3 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo