O 22 de xullo de 2013 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Amanda Angélica Teijeiro Serrano (t.m. Betanzos).
Intentada a notificación do devandito acto por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado, e fáiselle saber que unha copia del se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, e presentar as alegacións que conveñan ao seu dereito.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2013
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia