Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1216/2011 M).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Lidia Valeiras Pérez contra as empresas Celce, S.A., Maconsi, S.L. e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) no procedemento ordinario 1216/2011, se acordou citar a Maconsi, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín s/n, pl. baixa, sala de vistas nº 3, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 12.11.2013, ás 10.40 horas e 10.45 horas, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo; pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é convocatoria única e estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida estar este representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Maconsi, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial