Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTP O Couso-Xeve, no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2013/30-4).

A instalación denominada LMTS, CTP O Couso-Xeve, no concello de Pontevedra, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 3 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 de Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 8 de outubro de 2013, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Pontevedra.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 21 de agosto de 2013

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo; DOG do 24 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO
LMTS, CTP O Couso-Xeve (Pontevedra)

Representa

Nome e apelidos

Enderezo

CP-concello

Nº apoio

m2 SE

1

José Gómez Pérez

Hrdos. de José Gómez Crespo

Santo André de Xeve-O Couso, 70

36150 Pontevedra

CT

14,5

2

Benito Pérez Rodríguez

Hrdos. de Benito Pérez

Santo André de Xeve-O Couso, 50

36150 Pontevedra

CT

11