Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35812

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO de información pública para ampliación de corte para palleira, fosa de xurros e ampliación de nave para recría.

Antonio Ferreiro Ferreiro solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de corte para palleira, fosa de xurros e ampliación de nave para recría, a situar en Outeiro-Amoexa (pol.12, parcela 42) e Eirexe-Olveda (pol. 14, parcela 194). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Antas de Ulla, 2 de setembro de 2013

Javier Varela Pérez
Alcalde