Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación do servizo de envío de mostras de seme para a unidade de reprodución asistida, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (AB-EIC1-13-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo General Sir John Moore, 2, 1ª planta, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de envío de mostras de seme para a unidade de reprodución asistida, pola Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, engadidas as prórrogas, non superará os 24 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 85111310-6.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento: 35.246,40 € (exento de IVE).

5. Garantías exixidas:

• Provisional: non.

• Definitiva: si. Cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente e Lago.

2. Domicilio: Paseo General Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago, planta segunda edificio antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña, Paseo General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de realización de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 22 de agosto de 2013

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña