Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de agosto de 2013 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 12-31-13-01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro de 2008. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2013

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado.

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-31-13-01

Celador do porto

Juan Fuentes González

r/ República de Méjico, 9-2, 2º D

24400 Ponferrada (León)

Uso inadecuado de instalacións portuarias

31.8.2012; 11.15 horas.

Muxía (A Coruña)

Art. 306.1.e) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

Art. 312, 314 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

100 €