Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 9 de setembro de 2013 Páx. 35624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de evolución das aplicacións de inspección/prestacións no marco dos proxectos de innovación H2050 e Innova Saúde (AB-SER1-13-024).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 7.10.2013.

d) Número de expediente: AB-SER1-13-024.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de evolución das aplicacións de inspección/prestacións no marco dos proxectos de innovación de H2050 e Innova Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Plan de evolución dos sistemas

0-30

Metodoloxía de traballo e plan de participación dos recursos

0-20

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Oferta económica

0-40

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 3.322.800 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.384.500 euros. Importe total: 1.675.245 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 7.10.2013.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.8.2013.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por fondos Feder, Fondo Tecnolóxico 2007-2013.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos