Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 9 de setembro de 2013 Páx. 35577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2013/170-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CT estrada de Madrid, 221.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 232 metros de lonxitude, con orixe no paso aéro subterráneo proxectado no apoio D90-18-12 e final no empalme proxectado na LMTS SDM705 (tramo que alimenta ao CT Brigal, 36PEF2) unha vez entre e saia do CT proxectado estrada de Madrid, 221. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado na avenida de Madrid, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de agosto de 2013

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial