Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo, suxeito a regulación harmonizada, de apoio técnico no proceso de redacción de proxectos, anteproxectos, estudos e demais documentación de infraestruturas hidráulicas no ámbito da provincia de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.036.1049.SV

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: apoio técnico no proceso de redacción de proxectos, anteproxectos, estudos e demais documentación de infraestruturas hidráulicas no ámbito da provincia de Pontevedra.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 713110000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S160, do 22 de agosto de 2012; Diario Oficial de Galicia núm.161, do 24 de agosto de 2012 e Boletín Oficial del Estado núm. 206, do 28 de agosto de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.609.689,71 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.207.267,28 euros. Importe total: 1.424.575,39 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de xullo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 5 de agosto de 2013.

c) Contratista: Egis Eyser, S.A. & Applus Norcontrol, S.L.U. Unión temporal de empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 987.786,09 euros. Importe total: 1.195.221,17 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nas que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2013

P.D. (Resolución do 30.1.2012, DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia