1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
c) Número de expediente: SXAPERE 02/13/AUX.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: póliza de asistencia sanitaria, decesos e repatriación.
b) División por lotes e número: non hai división por lotes.
c) Prazo de execución: do 1 de outubro de 2013 ao 14 de xuño de 2014.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Prezo total: 78.400,00 euros. Por razón do obxecto, a este contrato non lle é de aplicación o imposto do valor engadido.
5. Garantías:
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 65 37.
c) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19493
7. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse ata as catorce (14) horas do décimo quinto día natural seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax no número 981 54 65 50, no mesmo día.
2ª Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a indicada no perfil de contratante.
9. Gastos do anuncio.
Por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa