Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de manutención (xantares e ceas) do persoal que deba cubrir as quendas nos PAC dos centros de saúde dependentes desta xerencia (AB-EIP1-13-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-13-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de manutención (xantares e ceas) do persoal que deba cubrir as quendas nos PAC dos centros de saúde dependentes da estrutura da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 55320000-9, 55523000-2.

e) Medio da publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data da publicación do anuncio de licitación: 28 de decembro de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 499.527,00 euros.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 210.195,00 euros.

b) Importe total: 231.214,50 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de abril de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 30 de abril de 2013.

c) Contratista: Coesco Deza, S.L. (CIF B36307270).

d) Importe ou canon de adxudicación:

• Importe neto: 194.625,00 euros.

• Importe total: 214.087,50 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 18 de xullo de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnes