Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2006/0071-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, recaída no procedemento número 218/2012, polo accidente laboral dos traballadores Diego Prol Prol, Diego Prieto Brea e Isaac Otero Martínez.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (27.12.2005).

– Escritos de alegacións (16.1.2006-17.1.2006).

– Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2006/0071-4.

Acta núm.: 1474/2005.

Empresa: Monferbu, S.L.

NIF/DNI: B-36315257.

Enderezo: Dr. Lalinde del Río, 35, Portonovo, Sanxenxo.

Vigo, 14 de agosto de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo