Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica resolución de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (2012/0353-1 e un máis).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de relacións laborais.

Faise saber que a dita resolución remata a vía administrativa e os interesados poderán impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Nº expediente

Data resolución dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Sirelia, S.L.

A Coruña
A Coruña

RL 2012/0353-1
92721/2012/1/T(AI)

30 de maio de 2013

Artigo 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8.1 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

6.251 €

Textil Bastian, S.L.

A Coruña
A Coruña

RL 2012/0231-1
42201/2012/1/T(AI)

21 de maio de 2013

Artigo 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8.1 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

6.251 €