Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 4491/2013 253/2013, interposto contra a Resolución administrativa do 23 de xaneiro de 2012, que desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 13 de outubro de 2011 pola que se aproba o expediente de regulación de emprego número 14/2011 da empresa Xornal de Galicia, S.L.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 4491/2013 253/2013, interposto por María Martínez Val, contra a Resolución administrativa do 23 de xaneiro de 2012, que desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 13 de outubro de 2011 pola que se aproba o expediente de regulación de emprego núm. 14/2011 da empresa Xornal de Galicia, S.L.

En consecuencia, esta Dirección Xeral de Traballo e Economía Social acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social