Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 22 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador a Pontevex, S.L., co número IN635C 2013/41-4.

Ante a imposibilidade de notificación polo conduto habitual, por medio desta cédula notifícase a Pontevex, S.L. a proposta de resolución de expediente sancionador do 26 de xullo de 2013.

Comunícase que o devandito acordo está á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos coide convenientes.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 22 de agosto de 2013

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo; DOG do 24 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial