Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35208

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza (expediente 7071/13).

Por instancia de José Manuel Ferradás González, en representación de Xoco, S.C., o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra para legalización de explotación de vacún no lugar de Maceira, Lalín (Pontevedra). Expediente número 7071/13.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas, e se formulen, se é o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 8 de agosto de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo