Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013257TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 17 de xullo de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou o acordo de inicio do expediente sancionador nº 2013257TA-CO, incoado a Vaelcio Lopes Dias.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Vaelcio Lopes Dias o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 5 de agosto de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013257TA-CO.

Interesado: Vaelcio Lopes Dias (Vaelcio Lopes Dias).

DNI/NIF/CIF: X9415888X.

Último enderezo coñecido: Rodrigo Alfredo de Santiago, 48-9º B, 15010 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro): artigo 7.u) e artigo 19.1.2.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 30 €.