Con data do 17 de xullo de 2013, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2013189TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Darío Fernández García.
Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Darío Fernández García o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 5 de agosto de 2013
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2013189TA-CO.
Interesado: Darío Fernández García (Pub Arenas).
DNI/NIF/CIF: 32713293W.
Último enderezo coñecido: rúa Rajoy, 6, 15600 Pontedeume.
Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigo/s infrinxido/s: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro): artigo 7.u), artigo 19.1.3.b).
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: 601 €.