Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre montaxe e instalación dunha planta temporal de formigón preparado a nome de Prebetong Hormigones, S.A.

Por Fernando Saavedra Pérez con DNI número 76405216-K-R, en nome e representación de Prebetong Hormigones, S.A., con CIF A36605616, solicitouse licenza municipal para montaxe e instalación dunha planta temporal de formigón preparado, que se situará nas parcelas 301 e 328, pol. 501 do C.R. neste municipio, no lugar nomeado Bruñedo.

En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que, durante este –que empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente anuncio no DOG e no Boletín Oficial da provincia– poida ser examinado o expediente na Secretaría deste concello polas persoas que, dalgún xeito, se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

A Gudiña, 24 de xullo de 2013

Guillermo Lago Pérez
Alcalde