Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35056

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

ANUNCIO de contratación da xestión do servizo público de axuda no fogar, modalidade dependencia.

Segundo Acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno, do 23 de agosto de 2013, emendando o acordo do 18 de xullo de 2013, polo que se anuncia a contratación da xestión do servizo público de axuda no fogar, modalidade dependencia, por procedemento aberto e tramitación anticipada do gasto, e se corrixe o prego de cláusulas administrativas particulares, publicado no perfil do contratante: http://www.concellodeares.com/contratante.php, procedéndose novamente á súa publicación:

a) Tipo de licitación: 421.180,38 € e 16.847,22 € de IVE.

b) Dependencia onde estará de manifesto o expediente administrativo: Secretaría Xeral do Concello de Ares; avda. Saavedra Meneses, nº 12, 15624, de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas.

c) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

d) Lugar e prazo de presentación de proposicións: no Rexistro Xeral do Concello de Ares, en horario de atención ao público, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Ares, 23 de agosto de 2013

Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde