Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (361/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 361/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Maroño Mosquera contra as empresas APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., sobre despedimento, se ditou cédula de citación e requirimento, co seguinte contido:

Cédula de citación e requirimento.

Tribunal que ordena citar:

Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda:

Despedimento obxectivo individual 361/2013.

Persoa que se cita:

APV Motor, S.A., como parte demandada.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao/s acto/s de conciliación e, de ser o caso, xuízo, coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Deben comparecer o día 11.10.2013, ás 9.45 horas na sede do Xulgado do Social número 1, sita na planta baixa, sala de vistas-Edificios Xulgados, rúa Berlín, s/n, ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, en caso de non avinza, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LPL/LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.2 LPL/82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, se teñen que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.2 LPL/90.3 LXS).

4º. Advírtese que a parte demandante solicitou como probas:

Ao ter a condición de persoa xurídica, ponse no seu coñecemento que o interrogatorio das persoas xurídicas privadas se practicará con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por conta da cal actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

O seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto, indícaselle que se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resultasen en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LPL/LXS).

Requírese para que achegue, con 5 días de antelación ao acto do xuízo, os seguintes documentos:

A documental contable dos anos 2010 e 2012 e, no mesmo prazo, a relación de todo o persoal de cada cadro dos 3 últimos anos, e os contratos de traballo do demandante, nóminas do último ano ata o despedimento e relación de todos os traballadores despedidos nos meses de febreiro, marzo e abril de 2013, así como causas xustificativas destes despedimentos.

Advírtese que se os citados documentos non se presentan sen mediar causa xustificada, poderanse considerar probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 LPL/ LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (art.53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberá comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que está convocado (artigo 83 LPL/LXS 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar a data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días. En Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2013. A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a APV Motor, S.A., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2013

A secretaria xudicial