Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35030

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (18/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 18/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Baamonde Rego contra as empresas Frigoríficos Riveira-Mar, S.L., Graña Mar, S.L. e Marcolfer, S.A., sobre despedimento, ditouse auto o 7.8.2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Acordo extinguir na data da presente resolución a relación laboral que vincula o demandante José Manuel Baamonde Rego con Frigoríficos Riveira Mar, S.L. e, en consecuencia, condeno a devandita empresa, con responsabilidade solidaria de Graña Mar, S.L. e Marcofer, S.A., a aboar ao demandante 27.508,63 euros, en concepto de indemnización, e 18.770,64 euros, en concepto de salarios de tramitación.

En caso de non se proceder ao cumprimento da presente sentenza, continuará como execución monetaria pola suma total de 46.279,27 euros, máis 4.627,92 euros orzados para xuros e custas da execución, sen prexuízo esta última cantidade de ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Graña Mar, S.L. e Marcolfer, S.A., expido o presente.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2013

A secretaria xudicial