Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO sobre solicitude de licenza municipal para a ampliación de explotación gandeira.

Casa José María, S.C. solicita desta Alcaldía licenza municipal para a apertura de proxecto de amplicación de corte de gando vacún e construción de fosa de zurro para explotación existente en Pedra, O Castro de Soengas, Portomarín. Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamación ou observacións que se consideren oportunas.

Portomarín, 20 de agosto de 2013

Juan Carlos Serrano López
Alcalde