Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34789

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre proposta de convenio urbanístico de colaboración entre este concello e a Universidade de Vigo (expediente 2013009865).

De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei de Galicia 9/2002, sométese a información pública durante o prazo de vinte días a proposta de convenio urbanístico de colaboración entre o Concello de Ourense e a Universidade de Vigo no marco da revisión do PXOU.

A dita proposta de convenio urbanístico poderase consultar neste negociado de Planeamento Urbanístico, sito na rúa García Mosquera, 19, das 9.00 ás 13.30 horas.

Ourense, 27 de agosto de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente