Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2007/0371-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo copia da sentenza xudicial recaída no procedemento núm. 29/2013, polo accidente laboral do traballador David Gómez David.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (28.5.2007).

• Escrito de alegacións (14.6.2007).

• Copia da sentenza xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2007/0371-4.

Acta: 506/2007.

Empresa: Granitos Soygar, S.L.

NIF: B-36100527.

Enderezo: estrada Godos, km 19, Caldas de Reis.

Vigo, 8 de agosto de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo