Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34690

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de licitación por procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato do servizo de conservación e mantemento integral de xardíns, zonas verdes e outras zonas públicas municipais.

Anuncio de licitación de procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato de servizo de conservación e mantemento integral de xardíns, zonas verdes e outras zonas públicas municipais de este concello (contrato reservado a centros especiais de emprego segundo o disposto na disposición adicional quinta do texto refundido da Lei de contratos do sector público).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de conservación e mantemento integral de xardíns, zonas verdes e outras zonas públicas municipais.

b) Nomenclatura CPV-2008: 77311000-6.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: dous anos, con posibles prórrogas anuais dun máximo doutros dous anos (2+1+1).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento de licitación: 66.115,70 € + 13.884,30 € (21 % de IVE)= 80.000 €, coa distribución de anualidades establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Revisión de prezos: segundo o disposto na cláusula 4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil do contratante www.concellodearzua.com

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa, 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00, 981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que termine o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos do contratista: clasificación: grupo O, subgrupo 6, categoría a).

8. Criterios de valoración: os sinalados na cláusula 12 do prego.

9. Presentación de las ofertas:

a) Fecha límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 11.3 do prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do concello.

10. Apertura das ofertas:

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do concello e no perfil do contratante nos termos sinalados na cláusula 14 do prego.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario.

Arzúa, 8 de agosto de 2013

José Luis García López
Alcalde