Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34644

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 7 de agosto de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 3 de xullo de 2013.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, da praza de xefe/a territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, anunciada pola Orde do 3 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 130, do 10 de xullo) de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo,

Esta consellería

dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na consellería, anunciada pola Orde do 3 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 130, do 10 de xullo).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da persoa que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a persoa preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas, que, de ser o caso, lle foran concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O xefe do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Díez Yáñez, José Luis.

Nº de rexistro de persoal: 0026914046 A2052.

Corpo ou escala: facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos forestais.

Grupo: A2.

Denominación do posto de traballo: xefe/a territorial.

Código de posto de traballo: MA.C99.10.000.36001.001.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.