Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2009/0128-4).

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, recaída no procedemento número 160/2013, polo accidente laboral da traballadora Mª Isabel Muñoz Ruíz.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (23.2.2009).

• Escrito de alegacións (12.3.2009).

• Copia da sentenza xudicial.

Concédeselles un prazo de dez días hábiles para formularen as alegacións que xulguen pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2009/0128-4.

Acta número: I362009000011987.

Empresa: Galeserga Servicios Generales de Galicia, S.L.

NIF/DNI: B-36897072.

Enderezo: República Argentina, 22-1, ent., oficina 3, Vigo.

Vigo, 7 de agosto de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo