Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 74/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio: r/ Arenal, 53 B, 15621 Cabanas (A Coruña).

Denominación: actualización e reforma da instalación de centros de transformación de intemperie: CT Fontao, CT Anido, CT Arenal II, CT Viñas.

Situación: concello Cabanas.

Características técnicas:

• Adecuación do centro de transformación intemperie Fontao, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, cuadro de BT de 4 saídas. (Expediente 52.200).

• Adecuación do centro de transformación intemperie Viñas, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, cuadro de BT de 4 saídas. (Expediente 51.824).

• Adecuación do centro de transformación intemperie Arenal II, cunha potencia
de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, cuadro de BT de 4 saídas. (Expediente 51.825).

• Adecuación do centro de transformación intemperie Anido, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, cuadro de BT de 4 saídas. (Expediente 51.825).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de xullo de 2013

Por ausencia (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas