Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34496

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de estabulación libre de gando vacún de leite, obras anexas e fosa de xurro en Fírvado (Coiro).

Faise público que Ganadería Casa Balexo, S.C. solicitou licenza para desenvolver a actividade de proxecto de estabulación libre de gando vacún de leite, obras anexas e fosa de xurro en Fírvado (Coiro), no ámbito de aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentadas a solicitude e a documentación anexa requirida pola normativa, e para efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito, todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que xulguen pertinentes.

Mazaricos, 2 de agosto de 2013

José M. Santos Maneiro
Alcalde