Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de ampliación de explotación gandeira de leite en Vilaferreiros (Alborés).

Faise público que Estefanía González Fernández solicitou licenza para desenvolver a actividade de proxecto de ampliación de explotación gandeira de leite, mediante a construción dunha corte libre de leite e cubrición de corredor de alimentación da corte existente, en Vilaferreiros (Alborés), no ámbito de aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentadas a solicitude e a documentación anexa requirida pola normativa, e para efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito, todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que xulguen pertinentes.

Mazaricos, 2 de agosto de 2013

José M. Santos Maneiro
Alcalde