Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial Vigo, pola que se fai pública unha resolución correspondente a un expediente de reintegro de axudas e subvencións.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e unha vez intentada a notificación no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 2 de agosto de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente de xestión: TR802G 2009/18-5.

Nº de expediente de reintegro: TR802G 2012/207-5.

DNI/NIF/CIF: B94007721.

Nome ou razón social: Xenacar Moaña, S.L.L.

Último enderezo coñecido: rúa Don Donato, planta comercial 2, local, Moaña, 36950 Pontevedra.

Tipo de axuda: fomento do emprego en cooperativas e S.L.L.

Contido da resolución: resolución de reintegro.

Data da resolución: 7.6.2013.