Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34440

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicaranlles aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Datas:

Outubro 2013: 18, 19, 25 e 26.

Novembro 2013: 8, 9, 15, 16, 22 e 23.

4. Lugar de realización: Estudios Cacumen. Rúa Concepción Arenal, 18-1º, 27004 Lugo.

5. Número de prazas: máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a: responsables técnicos de empresas de servizos. Control de pragas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 18.10.2013

16.00-21.00 h

Introdución. Praguicidas (I).

Día 19.10.2013

10.00-14.00 h

Praguicidas (II).

16.00-20.00 h

Manipulación: formulacións e preparacións.

Día 25.10.2013

16.00-21.00 h

Almacenamento e transporte de biocidas. Equipos de aplicación.

Día 26.10.2013

10.00-14.00 h

Pragas específicas (I).

16.00-20.00 h

Pragas específicas (II).

Día 8.11.2013

16.00-21.00 h

Aplicación de raticidas e ratonicidas. Aplicación de insecticidas e acaricidas. Exercicio práctico.

Día 9.11.2013

10.00-14.00 h

Desinfección. Produtos utilizados. Técnicas de desinfección.

16.00-20.00 h

Aplicación de técnicas de desinfección. Exercicio práctico.

Día 15.11.2013

16.00-19.00 h

Exercicios prácticos.

19.00-21.00 h

Praguicidas e medio natural (I).

Día 16.11.2013

10.00-14.00 h

Praguicidas e medio natural (II).

16.00-20.00 h

Precaucións e normas de seguridade (I).

Día 22.11.2013

16.00-21.00 h

Precaucións e normas de seguridade (II).

Día 23.11.2013

10.00-13.00 h

Exercicios prácticos.

13.00-14.00 h

Proba de avaliación.

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas:

Outubro 2013: 18, 19, 25 e 26.

Novembro 2013: 8, 9, 15, 16, 22 e 23.

Lugar de realización do curso: Estudios Cacumen. Rúa Concepción Arenal, 18-1º, 27004 Lugo.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 18, 25 de outubro, 8, 15 e 22 de novembro das 16.00 ás 21.00 horas, o 19, 26 de outubro, 9 e 16 de novembro das 10.00 ás 14.00 e das 16.00-20.00, o 23 de novembro das 10.00 ás 14.00 horas.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes: Estudios Cacumen. Rúa Concepción Arenal, 18-1º, 27004 Lugo. Tel.: 982 24 39 44. Fax: 982 28 41 61. Correo electrónico: cacumen@cacumenlugo.com

Data límite de presentación de solicitudes: 15 de outubro de 2013.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

APELIDOS .............................................................................................................................................................

NOME ....................................................................................................................................................................

NIF .........................................................................................................................................................................

ENDEREZO ...........................................................................................................................................................

LOCALIDADE ........................................................................................................................................................

TELÉFONO .................................................................... FAX...............................................................................

EMPRESA .............................................................................................................................................................