Faise público que Dolores González Cambeiro solicitou licenza para desenvolver a actividade de proxecto de ampliación de corte e fosa de xurro en Colúns, no ámbito de aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.
Presentadas a solicitude e a documentación anexa requirida pola normativa, e para efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.
Deste xeito, todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que xulguen pertinentes.
Mazaricos, 2 de agosto de 2013
José M. Santos Maneiro
Alcalde