Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34191

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de información pública sobre un local destinado a comercio, venda e taller de motocicletas, motoserras e motores fóra borda neste concello.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, faise público que Daniel Filgueira González solicita a legalización dun local destinado a comercio, venda e taller de motocicletas, motoserras e motores fóra borda na r/ María Mariño Carou, nº 14, baixo, e que durante o período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao de inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, todos os interesados poderán consultar o expediente e formular as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas. O expediente poderá consultarse no Negociado de Urbanismo deste concello, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

Noia, 5 de xullo de 2013

Rafael García Guerrero
Alcalde