Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de agosto de 2013 polo que se lle notifica ao interesado a Resolución da directora xeral deste instituto do 5 de xullo de 2013 (expediente C-95/503).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle a Ovidio Juanes Cacho a Resolución da directora xeral do IGVS na cal ordénalles ao contratista e ás direccións facultativas a emenda de deficiencias no grupo de 20 VPP da rúa Raxoeira, número 12, no Milladoiro, Ames (A Coruña), expediente C-95/503.

O interesado pode recoller a resolución mediante comparecencia na Dirección Técnica de Construcións e Calidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, s/n; polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a persoa interesada compareza, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente territorialmente segundo as disposicións previstas na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2013

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo