Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de mantemento da rede de control de calidade do aire de Galicia de titularidade da Xunta de Galicia, cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 37/2012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18277

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: mantemento da rede de control de calidade do aire de Galicia de titularidade da Xunta de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90731100.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 596.228,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 411.538,00 €. Importe total: 497.960,98 €.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013 (eixe 3, tema prioritario 47).

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13.6.2013.

b) Data de formalización do contrato: 29.7.2013.

c) Adxudicataria: Ingenieros Asesores, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 366.268,82 €. Importe total: 443.185,27 € (IVE do 21 % incluído).

c) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas