No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 248, do 30 de decembro de 2010, e no número 135, do 17 de xullo de 2013, insírense os anuncios que conteñen as bases xerais e específicas, así como a convocatoria, que rexerán a seguinte convocatoria:
Persoal: funcionario. Grupo A; subgrupo A1; denominación: arquitecto; vacantes: 1; provisión: consolidación de emprego. Concurso-oposición; quenda: libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria só se publicarán no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos da casa do concello.
Oroso, 19 de xullo de 2013
Manuel Mirás Franqueira
Alcalde