Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 7 de agosto de 2013, da Área de Recadación, polo que se relaciona acordo de aprazamento/fraccionamento de pagamento pendente de notificar e se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia (Fernández Barreiro, Jaime).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónase acordo de aprazamento/fraccionamento pendente de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2013


P.R. (9 de xullo de 2013)
Beatriz Zapata Quintela
Xefa do Departamento Central de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Providencias

Importes

Fernández Barreiro, Jaime

76897421A

R/ Jenaro de la Fuente, 39, 3º D

36205 Vigo (Pontevedra)

10790066639

10790066683

1.801,15 €

2.401,20 €