Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de mangueiras para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2013, proposta 4/13-I (expediente 22/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e entrega dun mínimo de 1.200 tramos de mangueiras para a realización de traballos de prevención e extinción de incendios forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18846

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 99, do 27 de maio de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 93.228,00 €. IVE (21 %): 19.577,88 €. Importe total: 112.805,88 €.

Valor estimado: 93.228,00 €

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 22 de xullo de 2013.

b) Adxudicataria: Productos y Mangueras Especiales, S.A.

c) Importe: 93.228,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 19.577,88 €.

Importe total: 112.805,88 €.

d) Data de formalización do contrato: 31 de xullo de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta que se presentou á licitación e que cumpre cos requisitos establecidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar