Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo para a restauración do Pórtico do Paraíso na catedral de San Martiño de Ourense, 2ª fase (conxunto pétreo policromado), potencialmente cofinanciable polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19335

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizo.

Descrición: restauración do Pórtico do Paraíso na catedral de San Martiño de Ourense, 2ª fase (conxunto pétreo policromado).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 59.380,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 31 de xullo de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 31 de xullo de 2013.

c) Contratista: Centro de Conservación y Restauración San Martín, S.L.

d) Importe de adxudicación: 52.892,56 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria