Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33553

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 29 de xullo de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 16 de maio de 2013.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar, mediante a Orde do 16 de maio de 2013 (DOG nº 106, do 5 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á laboral fixa que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 16 de maio de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino da laboral fixa que obtivo praza producirase no prazo de tres días e tamén disporá, para tomar posesión, dun prazo de tres días, se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual ou dun mes se radica en localidade distinta e supón un cambio efectivo de residencia debidamente xustificada da traballadora. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o cómputo deste comezará o día seguinte ao da reincorporación ao posto de traballo.

O prazo posesorio considerarase, para todos os efectos, como de servizo activo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa a laboral fixa, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: San José Benito, Mª Natividad.

NRP: 3603021657L145100062.

Grupo: I/II.

Categoría:

Denominación do posto: responsable da Área de Xestión e Servizos Xerais.

Código: TR.C99.40.901.36440.008.

Dependencia: Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela).

Localidade: Redondela.

C. singularidade: 3.013,80 €.

Observacións: B10//B18//B12 = 1.090,44 €.