Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33278

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 31 de xullo de 2013 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2013 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados por esta consellería aos grupos de acción costeira, convocadas pola Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento da súa concesión (con financiamento do Fondo Europeo da Pesca).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 147, do 2 de agosto de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

1. Na páxina 31014, no primeiro parágrafo do preámbulo, onde di: «A Orde do 16 de marzo de 2011 (DOG nº 57, do 22 de marzo) modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 143, do 27 de xullo) establece as bases reguladoras ...», debe dicir: «A Orde do 16 de marzo de 2011 (DOG nº 57, do 22 de marzo) modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 143, do 27 de xullo) e pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG nº 137, do 19 de xullo) establece as bases reguladoras ...».

2. Na páxina 31014, no segundo parágrafo do preámbulo, onde di: «O artigo 10 da citada orde establece que a presentación das solicitudes mantense aberta ata o 31 de marzo de 2013...», debe dicir: «O artigo 10 da citada orde establece que a presentación das solicitudes se mantén aberta ata o 31 de marzo de 2014...»

3. Na páxina 31014, no cuarto parágrafo do preámbulo, onde di: «En cada anualidade sucesiva ata 2013 fixarase mediante unha orde complementaria o crédito plurianual existente con esta finalidade.», debe dicir: «En cada anualidade sucesiva ata 2014 fixarase mediante unha orde complementaria o crédito plurianual existente con esta finalidade.».