Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se empraza a persoa interesada no expediente 02/15/09/00083 de axudas para a renovación do parque de maquinaria agrícola ano 2009.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento para a xustificación acreditativa da execución das actuacións aprobadas no expediente número 02/15/09/00083 de axudas para a renovación do parque de maquinaria agrícola ano 2009.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Concédeselle ao interesado un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte á aquel en que se producise a notificación do requirimento, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente ao seu dereito, a través da Oficina Agraria Comarcal e dirixida ao Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar da Coruña.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

Anexo

Expediente: núm. 02/15/09/00083.

Interesado: José Antonio Méndez Corral.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: Fonte Santaia, nº 4, Moar, 15686 Frades (A Coruña).