Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013050TA-PO, por infraccións en materia sanitaria.

O 16 de xullo de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2013050TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Antonio Ventura Rodríguez González, como titular do establecemento bar Caribe.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Antonio Ventura Rodriguez González, como titular do establecemento bar Caribe, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia conta contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX , empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2013050TA-PO.

Denunciado: Antonio Ventura Rodríguez González, como titular do establecemento bar Caribe.

DNI/CIF: 36015141-Q.

Último enderezo coñecido: avenida Gregorio Espino, 8, 3º A, Vigo.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 7.u), disposición adicional terceira, 19.2.d), 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 676 €.