Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de xullo de 2013 pola que se notifica a resolución de liquidación definitiva de gastos de execución subsidiaria devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

Con data do 15 de xullo de 2013 a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou resolución pola que se acorda aprobar a liquidación definitiva correspondente aos gastos de execución subsidiaria das obras de demolición de construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Campo das Mantas, termo municipal de Sada, e require os interesados Maximino Rellán Souto e Mª Josefina López García para que procedan ao seu pagamento.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lles notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo no prazo dun (1) mes ante o mesmo órgano que ditou o acto, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á recepción desta notificación. Se optaren por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo.

Para que conste e sirva de notificación de resolución aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística