Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32967

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2013, do presidente do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro, pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación do contrato administrativo de xestión de servizo público en réxime xurídico concesional para a xestión do ciclo urbano da auga no ámbito do Consorcio do Louro.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Tipo de contrato: xestión de servizo público en réxime xurídico concesional.

d) Obtención de documentación e información:

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares, da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/

– Concello do Porriño na rúa Antonio Palacios, 1, 36400, O Porriño, Pontevedra. Teléfono 986 33 05 79.

2) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día anterior ao da finalización do prazo de presentación de ofertas.

3) Visita ás instalacións: os empresarios interesados poderán comprobar as instalacións obxecto de explotación, baixo a dirección e coordinación dun técnico do organismo convocante, o día 4 de setembro de 2013, ás 10.00 horas, na estación depuradora de augas residuais (Edar) de Guillarei, Camiño da Veiga, s/n, Tui (Pontevedra).

2. Obxecto do contrato.

Descrición: xestión do servizo público en réxime xurídico concesional para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro.

Orzamento base de licitación: importe neto: 10.257.639,45 euros. IVE: 1.025.763,94 euros. Importe total: 11.283.403,39 euros.

Prazo de execución (meses): trinta e seis (36).

Admisión de prórroga: si, posibilidade prevista ata un máximo de trinta e seis (36) meses.

Modificacións do contrato: posibilidades previstas nos termos especificados na documentación que rexe a licitación cunha porcentaxe máxima do 20,62 % do orzamento base de licitación sen IVE.

Valor estimado do contrato (importe neto): 25.305.556,68 euros.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional nos termos expresados nas cláusulas 7.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares e nos puntos 13 e 14 do seu cadro de características do contrato.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 45 días naturais contados desde o día seguinte á última das publicacións que do anuncio de licitación se realicen no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello do Porriño ou por correo nas condicións establecidas na cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos elementos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Concello do Porriño, rúa Antonio Palacios, 1, 36400 O Porriño, Pontevedra.

c) Data e hora: a data e hora de apertura en acto público dos sobres B e C será notificada aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación.

8. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

Tui, 31 de xullo de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro