Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32854

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fai pública a adxudicación de catro postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal ofertados no concurso ordinario de méritos.

De conformidade co disposto na disposición décimo segunda das bases que rexen a convocatoria do concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, aprobadas pola Resolución do 18 do marzo de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local (DOG núm. 61, do 27 de marzo), ao abeiro do disposto no artigo 33 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2011, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Dar publicidade á resolución do concurso ordinario de méritos, no cal se ofertaban os postos de Secretaría-Intervención do Concello de Folgoso do Courel (Lugo), Secretaría-Intervención do Concello de Taboada (Lugo), Secretaría-Intervención do Concello de Barreiros (Lugo) e Secretaría, categoría de entrada do Concello de Bergondo (A Coruña), nos termos recollidos no anexo que se achega.

Segundo. O prazo de toma de posesión no novo destino será de tres días hábiles, se se trata de postos de traballo na mesma localidade, ou dun mes, se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse nos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión dun mes deberá computarse desde a dita publicación. Así acontecerá tamén no caso de que o funcionario non detente ata ese momento a titularidade de ningún posto.

Por necesidades do servizo, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que corresponda cesar e tomar posesión, o concursante poderá diferir o cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses; o segundo deles deberá dar conta deste acordo á Dirección Xeral de Administración Local.

Terceiro. Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 14.2º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 14 de maio de 2013; DOG nº 92, do 15 de maio)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

– Corporación: Concello de Folgoso do Courel (Lugo).

Posto adxudicado: Secretaría-Intervención.

Publicación: Resolución do 18 de marzo de 2013 (DOG núm. 61, do 27 de marzo).

Resolución de adxudicación: Decreto da Alcaldía do 28 de maio de 2013.

Adxudicatario: Juan Hernando Rosa Ruiz (nº de rexistro persoal: 47366589/46/A3015).

Subescala e categoría: secretaría-intervención.

– Corporación: Concello de Taboada (Lugo).

Posto adxudicado: Secretaría-Intervención.

Publicación: Resolución do 18 de marzo de 2013 (DOG núm. 61, do 27 de marzo).

Resolución de adxudicación: Decreto da Alcaldía do 15 de maio de 2013.

Adxudicataria: Nadia Díaz Vázquez (nº de rexistro persoal: 33324852/13/A3015).

Subescala e categoría: secretaría-intervención.

– Corporación: Concello de Barreiros (Lugo).

Posto adxudicado: Secretaría-Intervención.

Publicación: Resolución do 18 de marzo de 2013 (DOG núm. 61, do 27 de marzo).

Resolución de adxudicación: Decreto da Alcaldía do 9 de xullo de 2013.

Adxudicataria: Begoña Teijeiro Campo (nº de rexistro persoal: 76574732/35/A3015).

Subescala e categoría: secretaría-intervención.

– Corporación: Concello de Bergondo (A Coruña).

Posto adxudicado: Secretaría.

Publicación: Resolución do 18 de marzo de 2013 (DOG núm. 61, do 27 de marzo).

Resolución de adxudicación: Decreto da Alcaldía do 20 de xuño de 2013.

Adxudicataria: Ana María Cacharrón Castelos (nº de rexistro persoal: 32763208/24/A3012).

Subescala e categoría: entrada.